Bio

Nacida en 1994, Rosalía comeza a súa formación pianística aos 5 anos con María José Cerviño e Alexander Gold. Posteriormente cursa Bachelor Degree con Alan Weiss no Utrecht Conservatory, e Master Performance e Solistin Diplom na Hochschule für Musik Basel con Claudio Martínez Mehner e Anton Kernjak.

O seu interese polos teclados históricos xorde en Holanda, onde recibe clases de clave de Siebe Henstra, e continúa na Schola Cantorum Basiliensis, onde estuda fortepiano con Edoardo Torbianelli e clave con Jörg Andreas Bötticher. Paralelamente, mantén contacto frecuente con músicos tan influíntes para ela como Amandine Beyer, Kennedy Moretti, Iason Marmaras, Sergio Azzolini, Rita Wagner e Ferenc Rados. Tamén recibiu clases maxistrais de Menahem Pressler, Dimitri Bashkirov, Andras Schiff e Elisabeth Leonskaja, entre outros.

Tras gañar o Concurso Young Pianist Foundation de Amsterdam (2013), debutou en salas coma o Concertgebouw de Amsterdam (2013), Tivoli Vredenburg de Utrecht (2015), Palau de la Música Catalana (2015), Cairo Opera House (2016), Konzerthaus de Dortmund (2018) e Herkulessaal de Munich (2018), entre outros escenarios de España, Holanda, Francia, Portugal, Bélxica, Suiza, Alemaña, Rusia, Exipto e Estados Unidos.

Conta cunha ampla experiencia como solista, tendo traballado con directores da talla de Philippe Herreweghe ou Stephan Asbury e orquestras coma a Real Filharmonía de Galicia, Orquesta Presjovem, deOrkestacademie, Orquesta Gaos, Noord Nederlands Orkest, Nederlands Jonge Orkest, Cairo Symphony Orchestra, Duisburger Philarmoniker e Basel Symphony Orchestra.

Traballou con especialistas en Interpretación Históricamente Informada coma Kristian Bezuidenhout, Malcolm Bilson, Christoph Coin, Olivier Fourés, Chiara Banchini e Clive Brown. Está vinculada aos centros de pianos históricos Fondation Royaumont e La Nouvelle Athénes e foi invitada a ciclos de Música Antiga coma o festival Espazos Sonoros, Jagthuis Fortepiano Weekend, Utrecht Early Music Festival Fringe ou Musica Antica da Camera.

A súa fascinación pola evolución da estética musical levouna a experimentar cun amplo abanico de instrumentos: desde teclados antigos ata electrónicos. Entre os seus proxectos recentes atópanse a integral dos Preludios de Debussy en pianos de principios do século XX, a súa “Homenaxe a Clara Schumann” en fortepiano romántico, ou o seu programa “Ricercare”, no que mostra como compositores de Frescobaldi a Ligeti exploran os límites do sistema tonal por medio do cromatismo. Participa con frecuencia en festivais de Música Contemporánea e estreou obras de compositores tan relevantes coma A. Frank, E. Schoenberger o G. F. Haas.

Colabora habitualmente en diversas formacións camerísticas. O seu dúo co violinista Antonio Viñuales foi galardoado no BOG Duo Competition e no Orpheus Chamber Music Competition. Foi invitada a festivais coma o Storioni Festival, Delft Chamber Music Festival, Shiermonnikoog Chamber Music Festival, Clásicos de Verano, Musikdorf Ernen, Swiss Chamber Music Festival e Wissembourg Chamber Music Festival, entre outros.

Recibiu o apoio de institucións coma a Diputación da Coruña, Juventudes Musicales de España, Mozart Gesellschaft Dortmund e DOMS Stiftung. En 2015, o xornal El Correo Gallego otorgoulle o título Galega do Ano “pola súa destacada traxectoria e a súa sobresaínte madurez artística”.

Descargas: